• Programación
  • Gestión
  • Evaluación
  • Comunicación
  • Buzón antifraude
  • Programación
  • Gestión
  • Evaluación
  • Comunicación
  • Buzón antifraude

BLOG

Noticias y Actualidad
En CONCELLO

A humanización da rúa Vázquez Leis conxugará mellora estética con accesibilidade e renovación de servizos

Noticia FEDER Vázquez Leis

02.04.2018. A Xunta de Goberno local de Vilagarcía acordou hoxe solicitar á Deputación Provincial unha subvención de 150.000 euros con cargo ao POS de 2018/19  para financiar parte da obra de Humanización da Rúa Vázquez Leis, en Vilaxoán. O custe total do proxecto estimase en 287.980 euros que se financiarán cos fondos provinciais e os FEDER. Segundo as liñas trazadas polo goberno, o proxecto construtivo, aínda por realizar, deberá conxugar criterios de accesibilidade, mellora estética, renovación dos servizos básicos e incorporación de elementos vexetais.

Despois de planificar as obras da Praza de Galicia e a Independencia, en Vilagarcía, o  goberno local ten previsto continuar por Vilaxoán e Carril o mapa de humanizacións trazado para o municipio dentro do modelo de cidade amable, accesible e de uso preferente para o peón que persegue o executivo presidido por Alberto Varela. A elección da rúa Vázquez Leis adoptouna o goberno socialista despois de consultar cos colectivos veciñais de Vilaxoán.

O proxecto construtivo deberá redactarse en base aos criterios sinalados pola Área de Urbanismo en base ao modelo de cidade e  ás propias características da rúa que parte da Avenida de Vilanova en dirección á Praza Rafael Pazos. A zona na que esta previsto actuar discorre polo casco histórico do núcleo de Vilaxoán e precisa dunha reforma urxente que mellore a súa imaxe e servizos con criterios de accesibilidade e dando continuidade estética á sucesión de humanizacións executadas na súa contorna ao longo dos últimos anos.

Os materiais a utilizar e a dimensión dos espazos de pasos para os peóns deberán adaptarse á comodidade destes, á vez que prever o acceso de vehículos de emerxencias, limpeza, etc…

Proponse o uso de formigón branco cepillado no centro da rúa por ser un material  resistente ao paso dos camións da recollida de lixo e máis seguro para os ciclistas; mentres que as beirarrúas, situadas ao mesmo nivel, diferenciaríanse  mediante enlousado de pedra, similar ao existente na praza Rafael Pazos.

Na prazoleta triangular que se abre na metade da rúa, deixaranse as árbores existentes, habilitando ademais unha pequena zona verde con céspede e arbustos de baixo porte. Ademais, en todo o trazado da rúa deberán incluírse elementos verdes ou vexetais que suavicen o entorno e o fagan máis agradable e acolledor para o goce do cidadán.

Como nos demais proxectos promovidos polo executivo socialista, a humanización de Vazquez Leis deberá prever a renovación das redes de saneamento, pluviais e de abastecemento de auga, dimensionándoas ás necesidades actuais da poboación. Tamén se prevé a instalación de canalizacións para que as empresas operadoras de subministro eléctrico e telecomunicacións soterren os cableados que na actualidade discorren vía aérea grapados ás fachadas dos edificios, e que afean o conxunto.

O actual alumeado público substituirase por outro máis eficiente, de tecnoloxía LED e dotado con interruptor astronómico.

O seguinte paso a dar agora polo Concello, será contratar a redacción do proxecto de execución para, posteriormente confirmadas as subvencións, sacar a licitación as obras.

Siguiente noticiaO Goberno central aproba o «manual de procedementos» que da vía libre á execución dos fondos FEDER

Noticias relacionadas

  • Noticia FEDER Abastos
    A inclusión nos FEDER da intervención artística en Romero Ortiz permite rematar a vía posterior da Praza de Abastos
  • Noticia FEDER Manual Procedementos
    O Goberno central aproba o "manual de procedementos" que da vía libre á execución dos fondos FEDER

CATEGORÍAS

  • CONCELLO (3)

ARCHIVOS

  • abril 2018 (3)

Aviso legal
Contacto
Concello de Vilagarcía de Arousa

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies