• Programación
  • Gestión
  • Evaluación
  • Comunicación
  • Buzón antifraude
  • Programación
  • Gestión
  • Evaluación
  • Comunicación
  • Buzón antifraude

BLOG

Noticias y Actualidad
En CONCELLO

O Goberno central aproba o «manual de procedementos» que da vía libre á execución dos fondos FEDER

Noticia FEDER Manual Procedementos

14.10.2017. O ministerio de Facenda vén de comunicar ao Concello de Vilagarcía a aprobación do «manual de procedemento» que haberá de terse en conta na execución do proxecto «Vilagarcía Avanza», financiado con 5 millóns de euros a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta aprobación significa, de feito, a posta en marcha efectiva do plan. O vindeiro luns, a xunta local de goberno non só ratificará o «manual de procedemento», senón que aprobará a contratación da redacción dos primeiros proxectos a realizar dentro do «Vilagarcía Avanza».

Dende a concesión da axuda de 5 millóns de euros –a máxima á que podía optar o Concello, tendo en conta a súa poboación-, en outubro do ano pasado, representantes políticos e técnicos dos distintos departamentos implicados na execución (Secretaría, Intervención, Contratación ou Comunicación) asistiron a diversas reunións en Madrid e en Vilagarcía para ir deseñando as estratexias e os procedementos, ata rematar no manual agora aprobado por Madrid.

Para a voceira do grupo de goberno, Tania García, «os feitos desmenten ao portavoz do Partido Popular, que unha vez mais volve a demostrar o seu descoñecemento non só da xestión municipal senón do funcionamento dos fondos europeos, o cal é aínda máis grave se temos en conta que o señor Fole foi alcalde, o mesmo que deixou pasar a mesma convocatoria de fondos que o equipo de Alberto Varela si foi quen de conseguir». García Sanmartín lamenta, por iso, que quen foi incapaz de lograr eses fondos afirme agora, dende o descoñecemento ou as gañas de enganar aos veciños, que o concello tivo paralizado o proxecto, cando, como se acaba de comprobar, é o Goberno central quen acaba de aprobar o manual de procedemento e en todos estes meses non se deixou de traballar no seu deseño.

6,2 MILLÓNS DE INVESTIMENTO

En calquera caso, o que é evidente é que «Vilagarcía Avanza» é unha realidade que conta con 6,2 millóns de euros de investimento (5 de Europa e 1,2 do Concello). Como xa se informou no seu día, o ámbito de actuación de «Vilagarcía Avanza» son as zonas urbanas de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán e as lindantes cos seus cascos urbanos (uso residencial). Pola súa banda, os ámbitos estratéxicos son: unha cidade innovadora, unha cidade para todos, unha cidade sostible e unha cidade atractiva.

Destes ámbitos nacen os obxectivos temáticos, entre os que se citan a mellora do acceso, uso e calidade das tecnoloxías da información e a comunicación; a promoción dunha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores; a conservación e protección do medioambiente; a promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza; e o investimento en educación e formación profesional.

Ámbitos e obxectivos de estratexia son os que definen actuacións concretas como as que comezarán a contratarse a partir do vindeiro luns. Entre as moitas que se propoñen en «Vilagarcía Avanza» están, por exemplo, a implantación da xestión intelixente nos servizos públicos (e-administración); o desenvolvemento de plans de intervención para familias en risco de exclusión social; a mellora da mobilidade peonil e ciclista, ampliando os carrís-bici; a mellora da rede de saneamento; a promoción de Vilagarcía como destino turístico; a recuperación do patrimonio histórico e cultural; ou a humanización de rúas e prazas nos tres cascos históricos.

AnteriorA humanización da rúa Vázquez Leis conxugará mellora estética con accesibilidade e renovación de servizos
Siguiente noticiaA inclusión nos FEDER da intervención artística en Romero Ortiz permite rematar a vía posterior da Praza de Abastos

Noticias relacionadas

  • Noticia FEDER Abastos
    A inclusión nos FEDER da intervención artística en Romero Ortiz permite rematar a vía posterior da Praza de Abastos
  • Noticia FEDER Vázquez Leis
    A humanización da rúa Vázquez Leis conxugará mellora estética con accesibilidade e renovación de servizos

CATEGORÍAS

  • CONCELLO (3)

ARCHIVOS

  • abril 2018 (3)

Aviso legal
Contacto
Concello de Vilagarcía de Arousa

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies